A concelleira cun grupo de hostalairos presentando a ruta.

Celebrarase esta fin de semana na vila e conta con 14 locais participantes. Os pinchos custarán 2 euros

Desde mañá e ata o domingo, o noso concello acollerá a II Ruta Marín Pincho a Pincho, unha iniciativa organizada pola Asociación Botón de Ancla coa colaboración do Concello e que foi presentada no Concello pola concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e representantes do colectivo e da hostalaría local.

Na ruta participarán os seguintes locais: Cafetería Polymnia, Bar Bianco, Tapería El Cortijo, Cafetería Mask, Cafetería Xainza, Montse Bar Tapas, Bar O Quënco de Aguete, Cafetería Royalty, Cafetería Alameda, Vinoteca As Vides, Cafetería La Estiba, Café Bar Thalavo, Bar Koré II e Brasería La Posada.

Haberá tres premios aos mellores pinchos, que serán avaliados polos profesores do CIFP Carlos Oroza Ana Area Gómez, Noa Seijo Orjales e Jorge Sánchez Verdeal.

Ademais, haberá premios entre os clientes participantes e cada pincho custará 2 euros.

A entrega aos premiados será o día 5 ás 21.00 horas no Palco da Música da Alameda e contará cunha pequena actuación musical.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *