A fogueira de Cantodarea case preparada para a noite de San Xoán de 2021.

O Concello abre o período para solicitar a colocación dunha fogueira. Pódese facer a través da páxina web

O San Xoán volverá recuperar toda a súa maxia este ano en Marín. O Concello vén de abrir o prazo para solicitar a instalación de fogueiras en tanto na noite do 23 de xuño como na festividade de San Pedro.

O formulario para solicitar as cacharelas pode descargarse aquí: https://www.concellodemarin.es/fogueiras-san-xoan-2022/. O prazo para facelo rematará o 22 de xuño.

En canto as normas de obrigado cumprimento, o Concello lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos. As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis cercanos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.

Para a combustión só poderán emplearse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibido emplear materiais inflamables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosoles (aínda se están baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva.

As persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. Queda prohibido facer cacharelas na praia.

As persoas organizadoras das fogueiras, deberán ter coñecemento dos télefonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente: TELÉFONO DE EMERXENCIAS: 112.

A persoa solicitante deberá responsabilizarse do cumprimento das normas establecidas en canto á seguridade e medidas específicas sanitarias. Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de grande tradición, facendo compatible a diversión coa seguridade de toda a cidadanía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *