Unha alumna nunha exhibición na Alameda de Marín.

As Escolas Deportivas Municipais xa teñen a súa resolución. Segundo os datos
aportados esta mañá polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba, en total
inscribíronse 642 nenos e nenas.


Por disciplinas deportivas, o reparto quedaría do seguinte xeito:


● BALONCESTO: 57 (Marín Peixegalego)
● RÍTMICA: 24 (Inmare) y 19 (Agarimo)
● ACROBÁTICA: 21 (Vila de Marín)
● FÚTBOL SALA: 30 (Marín Futsal) y 38 (La Peña)
● PILATES: 17 (Alaia)
● REMO: 28 (Club de Remo Ría de Marín)
● TAEKWONDO: 20 (Mats Marín)
● WATERPOLO: 9 (Waterpolo Pontevedra)
● BTT: 21 (XSM)
● ATLETISMO: 21 (San Miguel)
● TENIS: 45 (Club de Tenis Marín)

● JUDO: 68 (Dom+ Marín)
● FÚTBOL: 38 (EF Villa de Marín)
● BOXEO: 45 (Team Thunder)
● VELA: 9 (Club de Mar Aguete)
● BÁDMINTON: 20 (Bádminton Marín)
● TRIATLÓN: 44 (CD Pinarium)
● PIRAGÜISMO: 14 (Piragüismo Tambo)
● NATACIÓN/NATACIÓN INFANTIL: 30 (Soom)
● PÁDEL: 24 (Pádel SEI SN)

En todas as modalidades, excepto en pádel e en natación (no primeiro caso
pedíronse 32 prazas e foron concedidas 24, e no segundo, pedíronse 81 e
concedéronse 30), todas as inscripcións foron aceptadas.

As listaxes dos admitidos nestas dúas disciplinas pode consultarse na web do
Concello de Marín.

A partir da próxima semana, xa comezarán as clases para estes cerca de 650
rapaces e rapazas, que grazas a esta iniciativa municipal poderán adestrar ao
deporte que lles apaixoa na súa vila ou aproveitar o inicio de curso para descubrir
unha nova afición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *