Un control na rotonda do Concello de Moaña.

Garda Civil e Policía Local de Moaña realizaron unhas 50 probas de alcoholemia nun control na rotonda fronte ao Concello. O resultado destes test foron duas denuncias administrativas e un delito contra a seguridade viaria cun resultado de 0’85.

A noite do sábado ao domingo tamén se saldou con dúas denuncias por incumprimento de horario e un por queixas de música en directo. A Policía Local procederá a informar os organismos correspondentes en todas as actividades correspondentes que realicen os locais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *