O edil independente de Moaña, Javier Carro, critica que o BNG incumprise a normativa Covid no acto que celebrou o pasado luns 7 de marzo no club de xubilados de Domaio con motivo do 8M. Unha xuntanza de edís e alcaldesas do partido nacionalista, explica Carro, que sería «normal» se non prohibisen só uns días antes facer o mesmo ás comparsas durante o entroido nos distintos centros culturais.
«Se prohibiron ás comparsas poñer petiscos e bebidas porque as alcaldesas e mulleres do BNG si que gozaron de tortilla e Albariño no Multiusos de Domaio despois do «mitin»», cuestiona o edil, que ao partido nacionalista de «non respectar as regras» e de «discriminación». «Non poden ser uns si e outros non», apostila.
Por isto, esixe ao BNG que pida «perdón publicamente» polo incumprimento da normativa» establecida para loitar contra a pandemia.