Unha das atraccións do parque precintada.

Javier Carro, portavoz de XM no Concello de Moaña, critica o mal estado no que se atopan algúns dos elementos do parque infantil de Samertolameu que a finais da semana pasada tiveron que ser precintados pola Policía Local ante o risco de dano para os pequenos. Carro achaca estes danos á «mala calidade do produto» xa que non fai nin oito meses que denunciei os aparellos e calidades e irremediablemente irá a máis».

Considera Carro que «a calidade é barata cando no prego de condicións falábase de madeira de Robinia» incumprindo así . «Entregouse o contrato a Ferrovial a pesar de que incumpría as condicións tanto no ferro como na madeira e proximamente daráselle outro novo contrato zumarento», manifesta o líder independente.

Operarios municipais estaban esta mañá reparando este mobiliario infantil.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *