O edil de Cultura, Carlos Juncal, mantivo onte un primeiro contacto con representantes dos grupos folclóricos de Moaña para organizar o Festival Folclorico das Letras. Unha idea que os asistentes recolleron con «optimismo» e «ganas de actuar», segundo este departamento do Concello moañés.
Non puideron asistir todos os colectivos que participan (Breogán, Solaina, Charaviscas, Arco da Vella, Gaiteiros de Moaña, Meiramar Axóuxeres e Moañesa de Música e Danza), polo que queda pendente que todos eles confirmen o seu interese en asistir.