Xerador no campo de fútbol do Casal.

O líder de XM, Javier Carro, advirte das consecuencias económicas e de competición que pode traer para o club e para o Concello de Moaña que o campo de fútbol do Casal «Iago Aspas» continúe trece anos despois da súa primeira inauguración oficial funcionando cun xerador en lugar de instalar torretas para unha conexión eléctrica funcional e resistente.

«Todas as Corporacións que pasaron desde o día 10 de setembro de 2009 ata hoxe rexeitaron, ou deron longas a poñer luz directa e conectada á rede de maneira sistemática, e estas dúas últimas van de mal a peor», explica Carro que asegura que executivo local «xa que non só elude a necesidade da conexión se non que, ademais, o gasto que supón o Gasoil diario para o mantemento é enorme e en caso de necesidade por avaría non habería forma de resolvelo nunha fin de semana». «Xa non entremos nas posibles multas que podería carrexar ao Club se se produce un apagamento durante un partido xa que os deportistas nin sequera terían auga para ducharse», apostila.

Para Carro, «este Concello ten unhas infraestruturas deportivas boas pero onde as malas condicións e a falta de mantemento son lamentables».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *