Carlos Núñez e a alcaldesa na presentación do single.

O videoclip foi filmado íntegramente en Marín e nel participan máis de medio centear de danzantes da Agrupación Meigas e Trasgos e do Grupo Santa Cecilia

Carlos Núñez presenta en primicia en Marín o videoclip do seu novo single, «Danza de espadas» – que sae esta noite en todas as plataformas – , íntegramente filmado en Marín, polos tamén marinenses Trece Amarillo e patrocinado polo Concello.

No videoclip participan máis de medio centenar de danzantes da Agrupación Meigas e Trasgos e do Grupo Santa Cecilia.

O video mostra o laberinto de Mogor, que moitos especialistas relacionan con danzas na prehistoria, así como a gaita de Mogor, que durante moitas xeracións acompañou á danza.

As danzas de espadas forman parte das chamadas Danzas brancas, pola cor da roupa dos danzantes. Aínda que os primeiros datos aparecen na Idade Media, arqueólogos ou antropólogos coinciden en que conteñen elementos prehistóricos que sobreviviron ata hoxe. Tamén na música aparecen rasgos moi arcaicos – como a harmonía modal de «double tonic» ou o ritmo «Scotch snap» – , típicos da música celta, que pasaron ao pop-rock ou ás músicas urbanas, como mostra o video.

O videoclip de Carlos Núñez e Trece Amartillo, convertirá a Marín nunha verdadeira capital das danzas de espadas, un fenómeno absolutamente enraizado en Galicia, pero que é universal e mesmo connatural ao ser humano dende tempos inmemoriais, xa que existen versión en todo o mundo e todas as épocas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *