Serán o 29 e o 30 de abril e o 1 de maio
A parroquia de Cantodarea xa quenta motores para as Festas de San Xosé, que a comisión de festas xa está comezando organizar. Serán o 29 e 30 de abril e o 1 de maio. A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, reuniuse cos representantes da comisión, que informaron que comezarán a partir de agora a recadar fondos entre a veciñanza.
As orquestras que virán amenizar as festas son Assia, America, Satélites, París de Noia e Claxxon. Un auténtico despregue despois de dous anos nos que a festa ou non se celebrou ou se fixo dunha maneira moi descafeinada debido ás restricións por mor da pandemia.
O Concello sufragará tamén os gastos doutros grupos que se vaian contratando para o resto dos días. O obxectivo é poder desfrutar destas festas case con plena normalidade, aínda que sempre adoptando as medidas que nese momento poidan estar vixentes.