O pleno aprobou unha prórroga do contrato á UTE encargada do cambio da iluminación pública a LED ante os retrasos dos suministros a causa dos problemas a nivel mundial dos fabricantes. Ata o momento executouse o 80 por ciento do proxecto no rural e cambiáronse 3750 luminarias
O concello de Cangas retirou, dentro do contrato de obras do Proxecto de Renovación da Iluminación Exterior cofinanciado con fondos do IDAE, máis de 30 postes que invadían as beirarrúas das distintas parroquias e do centro do municipio e que foron trasladados a postes da compañía. Unha demanda veciñal á que suma o reforzo da iluminación dos pasos de peóns. Segundo informou a alcaldesa, Victoria Portas, no pleno celebrado na tarde de onte, esta fin de semana quedarán instaladas oito columnas lumínicas en 4 pasos de peóns de Aldán, outros 4 en Ou Hío, os mesmos en Darbo, Coiro e Cangas. Isto permitirá unha mellora da seguridade para os peóns e un menor risco para os condutores polo aumento da visibilidade.
Doutra banda, Portas tamén avanzou que a semana que vén chegaría o penúltimo envío pendente de luminarias LED co que se completaría o cento por cento dos circuítos expostos para o rural cangués. Ata o momento executouse o 80 por cento do proxecto de renovación da iluminación pública para unha mellor eficiencia enerxética.
A rexedora achegou estes datos a colación da proposta presentada polo goberno local a toda a corporación para solicitar unha prórroga á UTE adxudicataria da obra, Construtora San José-Sielvigo, como consecuencia do atraso que a empresa está a sufrir na subministración de moitos dos compoñentes materiais que necesita polas dificultades a nivel mundial que sofren as cadeas de fabricación para o envío dos seus produtos. Unha situación allea á concesionaria.
Todos os grupos que compoñen o pleno votaron a favor desta solicitude do goberno que preside Portas xa que está acompañada de informes dous principais subministradores dous materiais ofertados para execución deste proxecto, onde verifícase que ou atraso non subministro e por causas non imputables a UTE.
A UTE estivo a tratar de cumprir cos prazos establecidos, pois nestes meses mantivo polas rúas das parroquias de Cangas un mínimo de 6 equipos de traballo, con 6 grúas cesto e máis de 18 traballadores en obra, cumprindo estritamente coa adscrición de medios ofertada.
A dia de hoxe hay un total de 3.750 luminarias substituídas, 65.900 mts de liñas aéreas dos 76.000 mts que figuran no proxecto e a substitución de 42 apoios de formigón. Tamén están substituídos integralmente a dia de hoxe un total de 24 cadros de mando conectados a plataforma de xestión, quedando esta fin de semana substituidos tódolos cadros existentes en Aldán e Hío. Na vindeira semana esta previsto a instalación de outros 25.
A prorroga da UTE foi solicitada ata o 28 de Xullo, prazo que se atopa dentro dos
prazos marcados polo IDAE para a finalización das actuacións que conclúe o 07 de
Agosto do 2022