Aínda que teñen carácter provisional por se presentan algunha alegación, a repartición dos 227.000 euros aos sectores económicos de Cangas afectados pola pandemia xa está publicado oficialmente. A Comisión de Valoración do Concello estimou conceder a 124 establecementos estas axudas e desestimou nove solicitudes ao non acreditar algún dos requisitos recolleitos nas bases.
A maioría deles recibirán 1.825 euros, aínda que dous deles, especializados en lecer nocturno, teñen concedidos 2.175 euros.