A alcaldesa revisando os contedores no casco urbán.

Cangas continúa coa renovación dos seus contedores de lixo tralo estudo realizado pola Mancomunidade para xeolocalizar os máis deteriorados. Neste último mes foron 81 de carga lateral e 83 de carga traseira os que foron renovados.

O traslado dos vellos contedores á planta da Mancomunidade e a súa sustitución comezou xa o ano pasado e continúa estes primeiros días de xaneiro, condicionado polas adversas condicións climáticas. Nesta nova remesa de renovación instalaronse 83 novos contenedores de carga traseira, que se suman aos 43 cambiados a mediados de 2022, situados a meirande parte deles no casco urbano de Cangas ainda que tamén foron sustituidos depósitos de lixo en Coiro, Domaio, O Hío, Nerga, Herbello ou Balea.

A Mancomunidade, da que Cangas forma parte, adquiriu o ano pasado un total de 250 contedores de carga traseira de 800 litros de capacidade dos que ainda restan algúns por colocar, que se irán sustituíndo de xeito progresivo. Por iso desde o Concello convidan á veciñanza a informar da existencia dalgún contenedor en mal estado que ainda non fose sustituidos. Poden achegar a localización a través do email alcaldia@cangas.gal ou na aplicación de incidencias do Concello á que se accede desde a web instituticional.

Paralelamente a Mancomunidade procedeu a sustituir en Cangas outros 81 contedores de carga lateral en diferentes puntos do municipio, que tamén se suman á campaña de renovación iniciada o ano pasado na que xa se cambiaran cerca de medio centenar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *