O Concello de Cangas prepara unha nova edición de Vaidelingua, un programa que busca fomentar o emprego do galego en todos os planos da vida á vez que difunde entre a cidadanía o traballo realizado en prol da cultura galega por parte dos artistas nacionais.
O programa inclúe catro bloques de actividades a desenvolver nos meses de xullo, agosto e setembro deste ano 2022 que son o XIX Certame de Comic de Cangas, Artes Escénicas na rúa, Música na Rúa para público familiar e Cine na calle. En total máis dunha veintena de actuacións descentralizadas e que chegan a todas as parroquias canguesas nos meses de verán
A iniciativa ten un custe de 11.900 euros e o Concello de Cangas solicita á Deputación Provincial unha subvención do 75% da actividade, concretamente de 8.925 euros.
O XIX Certame do Comic Concello de Cangas convocarase co obxectivo de incentivar a creación dos mozos e mozas artistas dentro do eido da banda deseñada e vai dirixido a non profesionais de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2020.
Así establécense dúas categorías por idade para persoas de entre 18 e 35 anos e de entre 15 e 17 anos, pero tamén se inclúe un apartado para cativos e cativas. A Viñeta moza para rapaces de 10 a 14 anos e a Viñeta Xoubiña para menores de 10 anos.
Os traballos teñen que ser orixinais, con textos en galego, de creación propia e inéditos, con tema e técnica libres e poderán presentarse individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante. Este Certamen conta con 7.000 euros en premios para as distintas categorías.
A segunda das actividades incluida no Vaidelingua 2 é Artes escénicas na rúa para público familiar que levará actuacións de teatro, circo ou danza polas rúas das diferentes parroquias e por último a terceira actividade, Música na rúa para público familiar, descentralizará tamén as actuacións musicais de artistas galegos nas parroquias de Cangas.