A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) outorga a Cangas cinco Bandeiras Azuis repartidas entre os areais de Areabrava, Areamilla, Liméns, Menduiña e Nerga pero nega concederlla este ano a Rodeira. A concelleira de Turismo, Aurora Prieto, asegura que descoñece o motivo e se esta perda ten que ver co conflito do pasado verán provocado polo ataque ambiental ás dunas. Prieto mantense á espera de información por parte da ADEAC.
Tamén concede ao Porto Deportivo cangués (Real Club Náutico Rodeira) o distintivo de Porto con Bandeira Azul.