Productos doados o primeiro día de recollida na Casa da Xuventude.

Tras un breve parón na recollida da axuda humanitaria para Ucraína, provocado pola necesidade de reorganizar as canles de chegada, clasificación e repartición desta nas zonas sensibles, a concellería de Voluntariado do Concello de Cangas organiza un novo envío de alimentos novamente colaboración coa Asociación San Roque de Salvaterra.

Nesta ocasión, demandan chocolate, barras enerxéticas, leite condensada, latas de comida preparada (fabada ou lentellas, etc), arroz e pasta, leite en po e cereais de almorzo.

O período de recollida será desde mañá 26 ata o 29 de abril na Casa da Xuventude ( rúa Real, 29) de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *