Aínda que o crecemento de casos foi ascendente en todos os municipios da comarca nesta sexta onda, Cangas sempre se tivo o freo algo máis pisado que o resto de localidades. Con todo, hoxe sitúase como o concello do Morrazo onde máis creceron os positivos. Onte o Sergas contabilizaba 162 e hoxe xa son 176, 14 máis.

Segundo o xefe do centro de saúde, Benigno Villoch, estamos ante casos agrupados por familias, compañeiros de traballo, pero nada que se poida chamar un brote. Pola cantidade, indica, está claro que hai «difusión comunitaria» e, posiblemente, casos asintomáticos non identificados que promoven os contaxios. É por este motivo, lembra Villoch, é importante a «concienciación e que cada un tomemos medidas de prevención, máscara e distanciamento social, locais ben ventilados e máscara sempre en interior».

En canto aos outros catro concellos, Moaña continúa en primeiro lugar con 257 positivos, Marín con 206, Bueu suma 153 e Vilaboa 60.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *