As actividades do Nadal continúan desenvolvéndose en Moaña. Este venres abrirá as súas portas a Feira do Nadal no alto da Praza de Abastos as 17:00 horas e o primeiro bocado será a confección da Alfombra do Nadal polas Alfombristas de San Martiño. Unha hora máis tarde, terá lugar a inauguración oficial da man do grupo de gaitas Os Muiñeiros.
O día seguinte a partires das 17:00 horas, o 18 de decembro, xa estará dipoñible a carpa do Nadal, situada ao carón da Praza de Abastos, e donde haberá actividades para a rapazada organizadas polo Obradoiro Moaña Moza II. Tamén nesta xornada, no horario de tarde, haberá xogos, manualidades e photocall coa visita do apalpador
O luns 20 e o martes 21, entre as 17:00 e as 19:30 horas, obradoiro de Ornamentación do Nadal con Nélida Carracelas e estará dirixido a praceiras, alfombristas e comerciantes.
El 24 de diciembre por la mañana, de 11:30 a 13:30 horas, Papá Noel recibirá aos nenos e nenas de Moaña no palco da música. Aquí tamén haberá photocall para facerse as fotos.
A Feira pechará as portas o 7 de xaneiro. O Concello xa traballa na organización dos outros 15 días para adaptar as actividades á situación da pandemia.