Os operarios repintando o paso de peóns entre o Concello e a Alameda.

A alcaldesa, Victoria Portas, indica que esta campaña, á que destinará 18.148 euros, busca garantir a seguridade vial dos peatóns

O Concello de Cangas acaba de poñer en marcha un operativo de repintado da sinalización horizontal en varias rúas do casco urbán do municipio nas que desgaste da pintura poñía en risco a seguridade vial ao non ser apenas apreciada nin por vehículos nin por peóns.

Esta campaña de repintado dará prioridade absoluta aos pasos de peóns, sinal que dá protección aos viandantes e que nalgúns casos apenas se diferencia do asfalto. “O noso obxectivo con este operativo é garantir a seguridade das persoas que poidan cruzar as vias e camiñar polo centro de Cangas con plenas garantías”, apunta a alcaldesa, Victoria Portas.

O Concello destinará a estes traballos, que serán executados pola empresa.. Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, un total de 18.148 euros a razón de 7,80 euros metros cadrado de pintado con pintura acrílicia cor branca e amarela e a 0,40 a amarela e branca, destinada a reforzar a sinalización de zonas especiais como as de carga e descarga. O contrato de adxudicación, á empresa que acadou maior puntuación, pode consultarse no perfil do contratante.

O goberno local decidiuse pola contratación destes traballos tras un informe da Policía Local que alerta da urxencia da realización puntual das tarefas de marcaxe horizontal e carrís peonís, que precisan maquinaria. “Pola envergadura dos traballos e o tempo de execución necesario para cubrir todo o núcleo optamos pola contratación do servizo ao carecer de recursos propios para acometer estes traballos coa celeridad que é necesaria”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *