Concello de Cangas.

A Deputación provincial aprobou a solicitude cursada por Victoria Portas para contratar a catro becarios durante seis meses, prorrogables por outros seis

O Concello de Cangas reforzará a súa plantilla nos vindeiros seis meses coa incorporación de catro profesionais con titulación en formación profesional de grado superior. Estas contratación levaranse a cabo con cargo ao programa “O teu primeiro emprego” da Deputación de Pontevedra e do que o Concello resultou beneficiario na convocatoria deste ano. Os contratos serán de seis meses prorrogables por outros seis.

Estes catro profesionais reforzarán diferentes áreas da administración local desenvolvendo tarefas específicas que lles permitan adquirir experiencia, xa que ese é o obxectivo principal do programa de fomento da empregabilidade da Deputación.

O Concello de Cangas solicitou a súa incorporación a este programa ao que tamén poden optar empresas privadas e que permite aos xóvenes da provincia escoller entre casi un centenar de ofertas laboráis, en función da titulación de cada un, para a realización de contratos en prácticas en empresas e administracións de toda a provincia.

Os que desexen anotarse deben estar en posesión dun título universitario ou de formación profesional, non ter pasado máis de cinco anos desde a finalización dos seus estudos e non ter experiencia laboral previa na titulación obxeto do contrato e non ter estado contratado en prácticas por máis de seis meses.

Victoria Portas, alcaldesa de Cangas, amosa a súa satisfacción pola inclusión do Concello nesta iniciativa xa que facilita un reforzo de traballadores nun momento, o estival, propicio para as vacacións do personal fixo da administración local á vez que supón unha boa oportunidade para que os becarios coñezan o funcionamento interno dun Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *