O 29 de abril, e despois de dous anos de pandemia sen poder facelo tal e como se iniciou en 2019, Cangas volve retomar a celebración do Día Internacional da Danza cun evento ao aire libre que arrincará ás 18:00 horas na Praza do Arco, na explanada coa rúa Eduardo Vicenti.
A organización, que parte da Casa da Xuventude, presentou onte o regreso en presenza dos cinco colectivos que se subirán ao escenario: Escola de Ballet Maite Quiñones, Escola de Danza Oriental Margarita Outeiral, Asociación Cultural Peis D´ Hos, Escola de Danza Urbana Boombox e Asociación cultural Lembranzas da Ría. O pistoletazo de saída darao a lectura do pregón escrito pola directora do Ballet Nacional de Corea, Sue Jin Kang, en boca de Maite Quiñones.
A concelleira de Cultura, Aurora Prieto, que asegurou que acudirá a esta celebración, porque promete ser un evento » divertidísimo», e anima a todos a sumarse e mover o corpo ao ritmo que marquen os artistas das diferentes compañías.