O persoal de enfermería do centro de saúde de Cangas queixase das restricións para a cobertura das vacacións.

Aseguran que prohíbenlles marchar de vacacións máis de dou persoas ao mesmo tempo e advirten de que o centro de saúde pode deixar de ofrecer servizos programados para atender só urxencias

O persoal de enfermería do centro de saúde de Cangas denuncia públicamente os «recortes» que está a levar a cabo a xerencia da área Sanitaria de Vigo para os meses de verán. En rolda de prensa desvelaron que a dirección viguesa, da que depende a atención primaria do municipio, rexeitoulles o cuadrante de vacacións e advertiulles de que como máximo se poden estar de baixa vacacional dous sanitarios ao mesmo tempo, cando ata o de agora podían ser tres, e que non realizará contratacións de substitución nin reforzo.

E foi nesta resposta vía correo electrónico onde o Sergas tamén lles informou de que este ano non cubrirá con outros profesionais ese período vacacional e que tampouco contratará o denominado «reforzo de costa» dedicado a atender ás persoas desprazadas. «Neste momento non sabemos cando nos podemos ir de vacacións, todos temos parella, fillos e familia e así é imposible conciliar a vida laboral e familiar», manifestaban hoxe os seis enfermeiros e enfermeiras que acudiron á comparecencia de prensa na sala de xuntas do centro de saúde cangués dun total de 13 (9 para atención a adultos e 4 para pediatría).

Algunhos profesionais non puideron quedarse toda a rolda de prensa por ter que traballar.

Alertan de que estes recortes en enfermería non están xustificados porque hai profesionais suficientes para contratar, pero teñen que facelo baixo unhas condicións dignas e «non por horas». Unha situación que non é xeneralizada, motivo polo que «a xente elixe traballar noutras áreas sanitarias onde se lles ofrecen contratos por meses». Por tanto, desde este departamento sanitario cangués avisan de que se Sanidade continúa con intención de non cubrir as vacantes por vacacións nin tampouco designar un «reforzo de costa» os principais prexudicados van ser os pacientes que terán que sufrir aínda máis o estrés ao que xa está sometido o persoal do centro cada xornada e a eliminación da actividade programada. «Agora hai días que hai citadas tres persoas á mesma hora e con tres profesionais sanitarios menos, o centro de saúde deixará de ser centro de saúde e pasará a ser un centro de urxencias», preveñen, todo isto sen contar con que a población de Cangas triplícase en verán e coa posibilidade real de que finalmente haxa que administrar durante eses meses estivais a cuarta dose da vacina do Covid-19 da que tamén se encarga este persoal de enfermería.

Esta perda de calidade no servizo de enfermería, explican, non é nova. Anos atrás Sanidade cubría o 100 das prazas vacantes por vacacións, posteriormente pasaron a suplir o 50 por cento e antes da pandemia reduciron un 33 por cento e durante o verán de 2021 xa non houbo nin reforzo nin substitución. «Dada a situación, o ano pasado decidimos non queixarnos porque era unha situación excepcional pero este ano xa non hai xustificación e, ademais, non nos permiten estar de vacacións tres ao mesmo tempo, obrígannos a ir de dous en dous, isto é dantesco», valoran e demanda que «se substitúa ao persoal de enfermería na mesma proporción que en anos anteriores».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *