Imaxe dos fogos nas Festas do Cristo do 2021. LOLO MEIGA.

Haberá un único premio de 400 euros

O Concello de Cangas pon en marcha un certame co que busca seleccionar o deseño do cartel co que se promocionarán as Festas do Cristo deste ano 2022. Poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, con cantas obras desexen cada unha delas. A única condición é que sexan orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas.

Os orixinais serán de tamaño DIN A-3, en branco e negro ou cor. No caso de se presentaren deseños realizados en ordenador, xuntarase un cd co arquivo do cartel en formato TYF ou JPG. En canto aos textos, deberán incluír necesariamente os lemas:
 Festas do Cristo 2022
 Do 269 de agosto ao 3 de setembro
 Concello de Cangas

O prazo de entrega dos traballos rematará o día 1 de agosto do 2022.
Todos os traballos deberán remitirse á Certame de Carteis das Festas do Cristo, Casa da Xuventude sita na rúa Real, 29 (36940) Cangas. No reverso do cartel deberá levar unha lenda que servirá así mesmo para identificar o sobre pechado cos datos persoais do autor/a, co seu enderezo , teléfono,e fotocopia do DNI., que debe acompañar o cartel. No caso de envialos por correo, o Concello de Cangas non se fai responsable de posibles danos, nin extravíos, como tampouco da súa devolución.

Os traballos non premiados deberán recollerse na Casa da Xuventude no prazo de 30 días naturais, contados dende a finalización da Exposición dos traballos presentados. Os que non se recollan neste prazo pasarán a ser propiedade do Concello de Cangas. Os gastos de envío e devolución correrán por conta dos concursantes.

Os premios

Establécese un único premio de 400 euros como gañador absoluto. Para a selección, o xurado estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer
esta función en número impar e presidido pola Concelleira de Servizos,
Enerxia, Turismo e Cultura, Aurora Prieto, ou persoa en quen delegue. No caso de estimalo oportuno o xurado poderá declarar desertos ou compartido o premio, así como outorgar mencións especiais.

O fallo do xurado, que é inapelable, darase a coñecer o día 5 de agosto a través dos medios de comunicación e do taboleiro de anuncios do Concello de Cangas.

Será o cartel das festas 2022

O cartel gañador será o anunciador das Festas do Cristo 2022 en Cangas, e pasará a ser propiedade do concello de Cangas, xunto co resto de carteis premiados con accésit, que posuirá, entre outros, os dereitos de reprodución, difusión e transmisión. O Concello resérvase o dereito de organizar exposicións públicas con tódolos carteis presentados ó Certame, en local e datas que se determinarán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *