Os beneficiarios cumpren os requisitos marcados na ordenanza fiscal da Mancomunidade do Morrazo e estarán exentos do pago durante o ano 2023
Un total de 25 persoas en situación de vulnerabilidade económica se beneficiarán no ano 2023 da bonificación do 100% da taxa do lixo recollida na ordenanza fiscal da Mancomunidade do Morrazo, entidade que presta este servizo no municipio.
A xunta de goberno aprobou definitivamente o listado elaborado polo departamento de Servizos Socias tras comprobar que as persoas solicitantes cumprían os requisitos esixidos para que lle sexa aplicada a devandita bonificación. A ordenanza recolle que non pagarán as taxas os suxeitos pasivos que estén en situación de emerxencia social e tamén os titulares da vivenda que acrediten que está ocupada por arrendatarios na devandita situación.
Esta reducción ten carácter anual e o Concello ten a obriga de darlle traslado do listado de beneficiarios á Mancomunidade antes do 1 de decembro.
Cangas abriu o prazo o pasado 3 de outubro para solicitar a reducción da taxa pola recollida do lixo e a partir de aí a plantilla de Servizos Sociais realizou a tramitación correspondente.