A causa puido ser un curtocircuíto
Un galpón anexo a unha vivenda situada na estrada Herbello-A Magdalena, en Cangas, resultou totalmente calcinada á primeira hora desta tarde. Ao redor das 16.30 dábase a voz de alarma e ata o lugar achegáronse os Bombeiros do Morrazo, Garda Civil e Policía Local.
Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. Todo apunta a que a causa do lume foi un curtocircuíto.