O coche da Policía Local de Cangas nun servizo.

O Concello sufragará o 48 por cento do custo cunha subvención da Xunta e o resto pagarao con fondos propios en cinco anualidades

Un dos dous vehículos dos que dispón a Policía Local de Cangas será eléctrico, converténdose así no primeiro corpo de seguridade municipal da bisbarra do Morrazo en contar cun coche 100% sostible. O Concello logrou unha subvención da Xunta de Galicia coa que financiará o custo do vehículo, de 69.696 euros, nun 48% por cento. É dicir, a consellería de Presidencia achegará 33.600 euros e o resto pagarase con fondos municipais nun prazo de cinco anos. Este custo, mediante o sistema de renting, inclúe todos os gastos do coche, incluído o seguro, e permitirá iniciar a renovación da frota por un custo anual para o Concello de pouco máis de mil euros.

Tanto para a Alcaldía como para o xefe da Policía Local de Cangas, Alberto Agulla, trátase dunha oportunidade importante porque permitirá dotar aos axentes dun coche novo, non contaminante e, ademais, supoñerá un aforro para as arcas municipais porque só terán que sufragar o 52 por cento do gasto.

Segundo Agulla, a intención é seguir neste camiño e nun futuro poder adquirir outro tamén eléctrico. Os dous coches cos que fai o servizo a Policía Local atópanse en mal estado polo seu uso e os seus moitos anos. Un deles saíu do depósito municipal despois de moitos anos sen que ninguén o reclamase e, conforme ao que permite a lexislación, foi adaptado para este servizo público.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *