O vento e a choiva tiraron abaixo un pequeno poste da luz no vial que une a parroquia de Meira coa zona da Fraga. Ocupou parte da estrada pero afortunadamente sen danos materiais. Pero non foi o único incidente en Moaña provocado pola nova borrasca Aline que azouta a comarca. Unha rama de pequenas dimensións caeu no barrio do Outeiro, en San Martiño, na tarde de onte, aínda que tan só afectou a parte e un carril sen obstaculizar a circulación e foi retirada de inmediato.
A Policía Local pide precaución a peóns e vehículos para evitar incidentes que poden chegar a ser desagradables ou que, mesmo, poidan supoñer un perigo grave para as persoas. Aconsellan non achegarse a edificios con estadas, a zonas de obras protexidas con valos ou a áreas con árbores #ante o risco de que algún poida caer.