Presentación de la campaña en el Cpr Virxe Milagrosa.

O Concello difundiu na canle de Youtube e nas redes sociais un vídeo de lecturas contra o machismo na voz de concelleiras e concelleiros da corporación

“Nin unha máis! Nin unha menos!”. Así finalizou Ana Isabel Otero, concelleira de
igualdade e benestar social, o manifesto polo 25 de Novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, no marco da concentración silenciosa que organizou o Concello de Bueu este mediodía e na que estiveron presentes representantes de todos os grupos políticos da corporación. A concelleira deu lectura á declaración institucional que xa fora aprobada polo pleno no pasado mes de outubro e na que apelou á necesidade de “erradicar as violencias machistas e a desigualdade, a través da educación, da concienciación cidadá e, sobre todo, da unión e implicación de todos os partidos políticos e da cidadanía en xeral”.

A este acto sumouse a estrea dun vídeo no que concelleiras e concelleiros da
corporación municipal len diversos fragmentos de poemarios, novelas e ensaios que reflexionan sobre o machismo e as violencias exercidas contra as mulleres, e que se pode ver na canle de Youtube municipal , e nas redes sociais.

A corporación tamén asistiu ao Centro Social do Mar para coñecer o proxecto do
alumnado do CPR Virxe Milagrosa, no que traballaron os micromachismos a través de formatos tan novidosos como os podcasts ou os vídeos curtos. Segundo explicaron na súa intervención, “durante o día de hoxe colocamos carteis en diversos puntos e establecementos da vila nos que a cidadanía pode escanear un código QR e acceder á totalidade destes contidos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *