Unha clase de zumba en Bueu. FOTO: SUSANA ALONSO FIGUEROA.

Susy Alonso Figueroa será a encargada de impartir estas sesións do 20 de decembro ao 7 de xaneiro na piscina municipal, e para as que se require de inscrición previa

A concellaría de Deportes pon en marcha “Zúmballe ao Nadal”, un programa co que se ofrecerán clases de zumba gratuítas que se levarán a cabo na piscina municipal das Lagoas entre o 20 de decembro e o 7 de xaneiro. Este programa, que ten como obxectivo continuar coa promoción de hábitos saudables entre a cidadanía, será impartido por Susy Alonso Figueroa e desenvolverase os luns, mércores e venres en horarios de 17.30, 18.30 e 19.30 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, e 5 de xaneiro, nos que se poderán seguir as clases pola mañá, concretamente ás 10, 11 ou 12 horas.

Os grupos serán reducidos e as persoas que desexen participar poderán inscribirse para cada día nas instalacións da piscina ou chamando ao 986138689 no seu horario de apertura: de luns a venres de 9 a 12 horas e de 17 a 21 horas, e os sábados, de 9 a 12 horas.

Ricardo Verde, concelleiro de Deportes, salienta que “é importante propoñer actividades que combinen o deporte coa saúde, e tamén nos ofrezan alternativas para o tempo de lecer”. Estas clases, ao igual que todas as actividades organizadas polo consistorio, contarán con todas as medidas de seguridade da Covid-19.

O Concello atópase traballando na programación completa de Nadal que se presentará nos próximos días e na que atoparemos obradoiros e contacontos para as familias, actuacións musicais e as tradicionais visitas de Papá Noel, Apalpador e Reis Magos.

De cara a comezos do próximo ano, as ximnasias ampliarán os seus horarios e
habilitaranse outras localizacións para dar cobertura ás persoas das tres parroquias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *