As obras lévaas a cabo a empresa Construcciones Vale SL, cun importe de preto de 60.000 €, que se financian con cargo ao Plan Concellos 2023

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Celso Dopazo, concelleiro de mantemento de viais, visitaron este xoves as obras de pavimentación que se están acometendo no lugar de Meiro.

Os traballos lévaos a cabo a empresa Construcciones Vale SL, que resultou adxudicataria cun importe de 57.080,86 €, IVE engadido, e que contan co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra a través do Plan Concellos 2023.

A actuación inclúe os camiños situados na zona alta de Meiro, dende Fontouteiro ata Quintáns, e consistiron na limpeza e preparación de explanación con medios manuais e maquinaria pequena, roza, desherbado, retirada de terrón e terra vexetal, apertura ou limpeza de cunetas, escavación e regularización da plataforma, e arranxo do firme e pintado.

Estas obras forman parte do plan anual que o goberno local deseña para mellorar o acceso aos núcleos de poboación e espazos públicos, e que ten unha especial incidencia nas áreas rurais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *