Cangas, pola súa banda, ascende tamén a nivel medio ao igual que Vilaboa e Marín mantense esta semana tamén no nivel alto
A situación epidemiolóxica de Galicia empeorou respecto a a semana pasada e iso faise notar tamén na comarca do Morrazo. Segundo anunciou o conselleiro de ) Sanidade, Julio García Comesaña, Moaña (123 casos) e Bueu (74) pasa do nivel medio ao nivel alto de restricións e Cangas (87) faio do medio-baixo no que permaneceu nos últimos días a nivel medio.
En canto a Marín (214), continuará no nivel alto no que xa estivo esta semana. Vilaboa (26) tamén muda de escalafón e Sanidade sitúa a este municipio no nivel medio.
As medidas restrictivas entrarán en vigor na noite do venres ao sábado.