Presentación das actividades.

Bueu celebra o 17 de maio a XXV Romaría das Letras Galegas no lugar de Sanamedio, unha proposta que centra a programación desta data e que se complementará con outras actividades variadas.

A Romaría terá lugar durante todo o día no Adro de Sanamedio (en caso de chuvia trasladarase á Casa do Pobo de Beluso) e nela incluirase o II Festival dos Grupos Folclóricos de Bueu, unha proposta nacida o pasado ano e que busca poñer en valor o enorme patrimonio musical tradicional da vila. Así, ás 12:00 horas comezarán as actuacións dos grupos A Quinta Ferreña, Novos Ventos e Os Mulos, e pola tarde, a partir das 17:00 horas, os de Cantadela de Meiro, Os Liboreiros e Retrouso de Cela. Entre ambas actuacións haberá xantar no recinto, micrófono aberto de Begoña Caamaño, e xogos populares a partir das 16.00 horas. A xornada clausurarase ás 20 horas co concerto de Acordeireta, un dúo conformado por Patricia González e Alejandro Balbuena no que se xuntan o acordeón e a pandeireta para presentar o seu novo disco “Baixo os remendos, nós”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *