Inscricións xa abertas na web www.xestanatureza.com/inscricions/marin2021

A concellería de Deportes e Xuventude, que dirixe Antonio Traba, convida a toda a cidadanía a participar na Carreira de Orientación Nocturan, que terá lugar o vindeiro sábado 3 de xullo.

Esta Carreira de Orientación discorrerá polo entorno da Finca de Briz e contará con tres categorías distintas, en función das características das persoas ou grupos inscritos. Coa axuda dun mapa, deberán visitar unha serie de puntos de control.
A inscrición débese facer online na web www.xestanatureza.com/inscricions/marin2021. Haberá de prazo ata o vindeiro xoves 01/07 ás 22.00 h, e poderase facer de xeito individual ou en grupo (equipos).

Existirán 3 categorías diferentes: Xestiñas (iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto); Xestas (adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica); e Xesteiras (categoría só pensada para persoas con altos coñecementos en orientación).

A proba dará comezo ás 22.00 horas en Briz e para cumprir os protocolos de seguridade fronte á COVID-19, facilitarase toda a información previa á carreira a calquera persoa que o desexe. Entre as principais destacan as saídas graduais por categorías (entre 2 e 5 minutos por grupo), distancia social obrigatoria, obrigatoriedade no uso da máscara antes e despois da actividade, uso de xeles hidroalcohólicos, non impresión de tempos en papel, avituallamentos líquidos individuais e hixienizados, etc.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *