Aproveitando o bo tempo que está a facer e a gran demanda, Navieira Nabia operará cada fin de semana con barcos ás Cíes todos os sábados. Pero, ademais, esta fin de semana será algo exclusivo, xa que se ofertará por primeira vez o domingo o billete especial para familias. Significa que se habilitará o Porto de Moaña para as viaxes a Cíes, con roteiro guiado incluído, en familia este domingo, 6 de febreiro, (dependendo da demanda, farase máis veces) onde os nenos e nenas ata os doce anos viaxarán completamente gratis e as familias poderán decidir desde que porto prefiren saír. Desde Moaña o barco partirá ás 10:30 horas e desde Vigo ás 11:00. O regreso das Illas Cíes será ás 14:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *