Os ediles de Mocidade e Mobilidade no exterior da Casa da Mocidade.

Durante toda a xornada do sábado 12 de febreiro realizarase na Casa da Mocidade de Moaña un mural interior para encher de cor as paredes deste centro xuvenil, seguindo a idea da Asemblea da Mocidade. Podrán participar en turnos todas las personas que se inscriban previamente no Whatsaap 649 683 923, enderezo electrónico mocidade@concellodemoana.org ou presencialmente na cMo Casa da Mocidade de Moaña

Esta actividade realizase de forma conxunta entre as áreas de Muller e a de Mocidade e Igualdade dirixidas por María Ortega e Daniel Costas respectivamente. Este programa realizarase a través da financiación do Pacto de Estado.

Enmárcase dentro das actividades do Día Mundial da Nena e a Muller na Ciencia, onde nesa mesma xornada de tarde poderase participar no museo científico interactivo interactivo “EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS E=MCC”, ademais das diferentes posibilidades que ofrece a Casa da Mocidade. A artista encargada desta Xornada é a moañesa Sheela Tato.

Sheela Tato é unha artista polifacética no campo da ilustración e da arte contemporánea. Tras rematar os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra e Irlanda, completou a súa formación cun máster en Animación 3D en Madrid. Foi galardoada en varias ocasións polo seu traballo, pola UVigo, na categoría de Pintura. Tamén participou en diversas exposicións; “Voila la Femme” (XXIV edición) presentando os seus traballos en arte contemporánea ou en “PeluqArt” coas súas ilustracións. A súa obra é unha homenaxe á muller, enxalzando a figura feminina, a súa sensualidade, a súa forza e a súa independencia.

No obradoiro falarase sobre a historia do grafitti e o muralismo e a súa importancia social. Verán tamén os diferentes estilos de grafitti e ademáis pintarán todos xuntos un mural, no que practicarán con diferentes tipos de materiais e técnicas.

O Día da Muller e a Ciencia está preto, así que que mellor temática para explotar a nosa creatividade e facer un traballo en equipo baixo o lema de este ano: «Equidade, diversidade e inclusión: a auga únenos»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *