Minutos antes das 20:00 horas de hoxe un matrimonio de octoxenarios foi atropelado cando cruzaban o paso de peóns situado á altura da Bpuza, na rúa Ramón Cabanillas, en Moaña. O vehículo, conducido tamén por unha muller de avanzada idade, non parou no cebreado e acabou impactando co home e a muller, que resultaron con feridas leves, aínda que por precaución foron trasladados nunha ambulancia do 061 a un hospital de Vigo.
Segundo a Policía Local de Moaña, a causa puido ser a pouca visibilidade provocada pola choiva que caía nese momento sobre o municipio.