A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión coas entidades para analizar a situación actual e comentar con elas os retos que teñen por diante, como a falta de relevo xeracional
A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión con representantes das ONGs da vila de Marín para analizar con elas a campaña do Nadal, así como a situación xeral a nivel asistencial no municipio, da que eles son tamén unha parte fundamental. Todos coincidiron en facer un balance moi positivo das accións solidarias que se levaron a cabo durante as datas de Nadal, como as chocolatadas que ofreceron no Alameda nalgunhas dos días clave.
Por outra banda, Sanmartín quixo facer agradecer a SOS Marín “todo o tempo que estuvieron en activo, realizando un labor esencial”, un agradecemento ao que se sumaron o resto de entidades, que tamén colaboraron coa xa extinta ONG na reubicación das súas familias. Precisamente, con respecto a este punto, realizouse un seguemento por parte do departamento de Servizos Sociais para comprobar cada caso e tamén aproveitouse para facer un repaso da listaxe de usuarios que hai en cada ONG, “xa que detectamos nalgúns casos duplicidades”, explicaron os representantes das organizacións.
Falta de voluntariado e relevo xeracional, os grandes problemas
Todas as asociacións apuntan, de novo, ao gran reto que teñen por diante: a falta de voluntariado, sumado á falta de relevo xeracional. “En xeral, a media de idade das persoas que están implicadas é elevado”, explica la concejala. Desde o Concello, animan á cidadanía a que se achegue a estas entidades, que se involucre na solidariedade e descubrindo de que xeito se pode aportar un graíño de area, que, pouco a pouco, pode ser unha axuda esencial.