A festa estará asegurada esta fin de semana en Marín coas Festas de San Diego, que se celebran no Pereiro, en Cadrelo e Santomé de Piñeiro e que foron presentadas pola comisión de festas e a concelleira Marián Sanmartín.
O sábado 18 ás 21.30 horas será a gran verbena, amenizada polas orquestras Capitol e Os Players. Xa o domingo 19, ás 13.00 horas será a misa solemne, coa procesión e o concerto de Airiños de San Xulián, para pechar co vermouth posterior.
Non haberá problema se a chuvia fai aparición xa que durante ambos días, o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.