A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou recentemente ás mulleres que participan no Obradoiro de Emprego, no que respecta ao aprendizaxe da atención sociosanitaria, para coñecer como está sendo a súa experiencia coa parte teórica e cales son as cuestións que cren relevantes da formación, tanto de cara á súa futura inserción laboral como na mellora dos coñecementos que se adquiren.
Tal e como explicou o director do Obradoiro, que acompañou á edil na súa visita ás instalacións de Príncipe Felipe, onde se están desenvolvendo as clases, cando cheguen as prácticas, visitarán as empresas que apoian a xestión do Servizo de Axuda no Fogar do Concello, que son Galáurea e Idades. Tamén visitarán otro tipo de centros asistenciais, como Saraiva ou o novo Centro de Día Público, situado na antiga Casa do Mar.
Este programa é posible grazas á axuda da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa financiación do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil.