Bombeiros do Morrazo e Policía Local acudiron esta noite, ao redor das 21:00 horas, ao número 19 da rúa Fragata Villa de Madrid, ante a alerta dun veciño que vía como da vivenda próxima saían faíscas e fume pola cheminea dunha casa próxima.
Á chegada á vivenda os efectivos pudieron comprobar que non había lapas e a causa era as brasas da cheminea.
Finalmente, non houbo que lamentar danos nin persoais e materiais e todo quedou nun susto. O propietario da vivenda apagou as brasas cun extintor.