As Anpas que participan no Enterro da Xoubiña de Moaña e a escola infantil Cocoricó, habitual tamén no pasarrúas, acordan non cambiar a data de celebración do desfile prevista para o 17 de febreiro. Desde o Concello, tras reunirse coas comparsas, expuxéronlles en nome delas outra opción de facer conxuntamente o enterro a mesma hora o sábado 17, xa que o domingo 18 non está permitido por coincidir en xornada electoral.
Con todo, os pais e nais presentes e a dirección da escola concluíron, tras escoitar ao edil de Cultura, Xosé Daniel Costas, e posteriormente debatelo internamente no encontro na Casa da Mocidade, que mantiñan a idea inicial. Si están dispostos a xogar co horario e a que a comitiva discorra dunha forma máis áxil para permitir que a continuación as comparsas poidan pechar o Entroido co Enterro da Sardiña.
Esta decisión será trasladada mañá ás comparsas nunha nova reunión co Concello e a partir de aí decidirase finalmente en que consistirá o axuste na programación que ven obrigados a facer para cumprir co ditame dos técnico municipais por mor das eleccións autonómicas.