Aparcadoiro de Ponte Zapal.

A brigada municipal de Obras actuou esta mañá no aparcadoiro público gratuíto de Ponte Zapal, que presentaba fochas debido ás intensas chuvias deste inverno. Precisamente, o mal tempo era o que impedía volver actuar sobre a parcela, á que se lle botou xabre compactado para alisar o terreo e facilitar o estacionamento no mesmo.

Esta actuación, precisamente, non foi posible facela antes polas inclemencias meteorolóxicas, pero o bo tempo destes días permitiu actuar e mellorar este espazo, que dá servizo a toda a zona da Praza de Abastos e de Rúa da Ponte.

De feito, desde o Concello explican que se segue traballando intensamente na búsqueda de novas parcelas por todo este entorno que veñan sumar prazas de estacionamento na zona, tratando de responder á demanda da cidadanía neste sentido.

Enquisas de comercio activas

Por outra banda, o Concello lembra que aínda están abertas as enquisas de participación cidadá sobre a situación do comercio e o estacionamento no centro urbano. Están activas a través das seguintes ligazóns:
● Enquisa para comerciantes: https://forms.gle/a5qB8joCYdwVLwst6
● Enquisa para a cidadanía: https://forms.gle/xhDaVgRvDL8Ef9Vp

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *