O delegado participando dos traballos da asociación.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra,Agustín Reguera, visitou a sede da Asociación Iris Social, en Marín, con motivo das axudas outorgadas para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e
inclusión social.

Estas achegas deixaron nesta asociación preto de 90.000 euros que serán destinados ao seu programa ‘Arraigate’ co que axudan a persoas en risco de exclusión social, na súa maioría migrantes, a atopar un emprego a través do asesoramento laboral e a formación.

En total, na área territorial de Pontevedra benefícianse destas axudas 11 entidades distintas que se reparten máis de 1 millón de euros.

O delegado territorial aproveitou a visita para probar algunhas das tecnoloxías empregadas nestes e noutros cursos levados a cabo pola asociación. En concreto,

Reguera experimentou de primeira man o simulador que utiliza o alumnado de soldadura e que lle permite practicar reducindo o desperdicio de material.

Reguera rematou a visita destacando “o gran traballo que se leva a cabo nesta asociación e que mellora a vida de decenas de persoas”. Ademais, despediuse lembrando a importancia de manter unha “colaboración produtiva e constante entre a Xunta e as asociacións galegas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *