Visita da Alcaldesa e das concelleiras ao obradoiro en Briz.

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada polas concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña, así como do presidente de Afapo, Jose Manuel Fontenla, visitou aos usuarios e usuarias deste servizo

Cumplir anos e envellecer parece o mesmo, pero son cousas distintas. Poñerlle anos á vida é sempre un motivo de celebración, mais serán ben distintos dependendo do noso estado de saúde e autonomía. Por iso, o envellecemento activo, levando a cabo actividades dirixidas ao traballo en prevención, axuda a que que os anos que se cumpren sexan de calidade.

Así llo trasladou esta mañá a alcaldesa de Marín, María Ramallo, aos usuarios e usuarias dos obradoiros de memoria da Finca de Briz. Acompañáronna as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña, así como o presidente da Asociación APAPO, Jose Manuel Fontenla, xa que o colectivo é o encargado da prestación deste servizo.

En total, hai 30 usuarios, 15 por cada sesión, con distintas situacións sanitarias. O persoal técnico de Afapo encargouse de realizar unha avaliación previa de cada unha destas persoas para poder deseñar actividades e exercicios adaptados ás súas necesidades.

Ramallo asegurou que “contar con servizos coma este é unha prioridade para nós,
porque temos moita poboación maior á que queremos ofrecerlle opcións coas
que mellorar a súa calidade de vida”.

Futuro Centro de Día

Precisamente nese sentido, a alcaldesa tamén comentou que xa se iniciaron as obras de reforma da primeira planta da antiga Casa do Mar para convertela nun Centro de Día.

Estas obras, que aínda durarán uns meses, habilitarán este espazo para crear un
Centro de Día público, dirixido á poboación avellentada para que poida optar por
un servizo de calidade na súa propia vila.

A execución desta reforma estase facendo en colaboración coa Consellería de
Política Social, que investirá 200.000 euros, e coa aportación do Concello, que
ascende a 100.000, que se realizará con cargo ao Remanente de Tesourería.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *