Artesanía, chocolatada, música, tren, carrusel e comercio local. Non faltará de nada no día de mañá, pistoletazo de saída á programación de Nadal da vila
O Nadal en Marín inicia a súa conta atrás. Mañá venres día 3, ás 12.00 horas,
inaugurarase a I Edición Exponadal Marín na Alameda. Este evento, organizado por Estrela de Marín e o Concello, instalará na carpa un total de 14 establecementos comerciais de Marín para facilitar as compras de Nadal aos clientes.
Os establecementos que participarán son Espazo Lector Nobel Marín, Servilar
Decoración, Milyun Trapitos, Nayma Moda Mujer, Nayma Complementos, Amilove Moda, Bambino Marín, Carmencitas Moda Infantil, Toscana Store, Infinity Shop, Tamara Moda, Labores y Patchwork, Bule Bule Marín e Almalibre Complementos. Ofreceranse, por tanto, artiso de moda home, muller, moda infantil, lencería, complementos, decoración do fogar, mercería, calzado adulto e infantil, bisutería, papelería, material escoalr, librería e xoguetería. O ExpoNadal estará tamén instalado o sábado e o domingo. O horario será de 11.00 a 21.00 horas.
A tarde do venres tamén será o arranque de dous grandes atractivos do Nadal en Marín: o Tren de Nadal e o Carrusel. No primeor caso, haberá rutas do 3 ao 8, do 10 al 12, do 17 ao 19 e do 21 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 11.45 a 13.30 e de 17.15 a 21.00 horas.
A Alameda tamén se converterá nun pequeno mercadiño de Nadal ao aire libre,
grazas ás casetiñas de madeira que acollerán a Feira de Artesanía Nadal Marín,
que estará aberta durante todas as festas e que se inaugurará mañá ás 18.00
horas.
A partir das 18.00 horas, as ONGs xa estarán instaladas na Alameda para ofrecer a súa primeira chocolatada solidaria de Nadal, coa que recadar fondos para seguir
realizando o seu importante labor. E ás 18.30 horas, será o acendido do Alumeado de Nadal na Alameda con panxoliñas, a cargo dos Cantareiros de Marín, rematando na Praza 8 de Marzo co acendido do Belén.