Este plan urbanístico específi co para a zona vella e o barrio de Cantodarea será elaborado ao longo dos próximos anos. O concelleiro Manuel Santos reuniuse coas técnicos municipais e os responsables da empresa adxudicataria para sentar as bases do mesmo
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, xunto coa arquitecta municipal e a responsable da ofi cina que xestiona os ARI de Marín, reuníronse o venres coa empresa adxudicataria da redacción do plan especial de protección do centro histórico e do barrio de Cantodarea, como primeira toma de contacto para establecer o cronograma de traballos a desenvolver durante os catro anos que durará o contrato.
Desde o Concello, marcáronse xunto coa empresa as liñas estratéxicas que se deben seguir para desenvolver este plan, que permitirá o desenvolvemento urbanístico destas zonas, atendendo á súa especial particularidade, sobre todo con respecto á protección do patrimonio.
Unha das cuestións que se tratou é a participación cidadá que se levará a cabo cos veciños e veciñas das dúas zonas que inclúen o plan de protección, para poder contar coas súas opinións de cara ao futuro.
Durante a reunión, tamén se trataron as inquedanzas que son trasladadas á ofi cina ARI, para avaliar tamén cales son as necesidades tanto das persoas que están en procesos de rehabilitación de vivendas nestas zonas así como dos retos que enfrontan a nivel de tramitación, para mellorar a xestión burocrática.
«Trátase dunha primeira toma de contacto para coñecernos e poder establecer os pasos para seguir de aquí en diante, co obxectivo de que a participación pública empece rodar, e a partir de aí poder sacar conclusións para iniciar a redacción dun plan que consideramos estratéxico para Marín, e que marcará un antes e un despois na protección e o desenvolvemento das zonas patrimoniais que queremos potenciar, sendo conscientes da necesidade que tanto da veciñanza como de posibles futuros habitantes da vila de poder acceder a unha vivenda tamén a través da rehabilitación e da mellora urbanística dos barrios históricos de Marín», declarou o concelleiro.
Para iso, desde os servizos técnicos do Concello, facilitaráselles toda a información coa que se conta a nivel municipal destas dúas zonas, para poder trasladarlles todos os datos necesarios de cara ao comezo dos traballos de redacción do plan.
A empresa adiantou que cara fi nais do verán poderá presentar un primeiro borrador que sente as bases do que será o traballo desenvolver ao longo dos anos de execución do contrato.