Segundo informan os Bombeiros do Morrazo, un vehículo 4×4 pequeno tipo Nissan Patrol, que se atopaba na parte superior da nave de Massó, en Cangas, quedou totalmente calcinado esta tarde por causas que se descoñecen.
Ocorreu a iso das 17:05 da tarde e apenas unha hora despois terminaron a súa extinción. Aínda que non se produciron danos de maior importancia nin se viu a ningunha persoa no interior, as fontes consultadas aseguran que foi provocado.
