Está dirixido preferentemente as familias que xustifiquen a necesidade de conciliar

O Concello de Cangas, dada a situación de excepcionalidade con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19 e coa fin da dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, pretende que este ano o programa Enredos de Verán vaia dirixido preferentemente as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar.

A organización da actividade neste ano 2021 será mediante a formación de grupos de máximo 50 participantes no exterior e 25 no interior, sempre en cumprimento das medidas que as autoridades sanitarias e responsables das actividades de lecer educativo deberán implantar con carácter xeral. As quendas serán mensuais polo que quedará establecidas unha primeira do 28 de xuño  ao  30 de xullo ( 5 semanas/25 días de actividade) e unha segunda do 2 ao 27 de agosto ( 4 semanas/20 días de actividade). Sómente se poderá participar nunha quenda, a menos que haxa vacantes.

Os distintos grupos organizaranse en función da idade dos/as menores e terán horario de 9:00 a 14:00 horas. Por mor da situación de pandemia non haberá servizo de comedor.

Prescripción e participantes

Terán prioridade para solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as rapazas e rapaces empadroados en Cangas (comprobarase de oficio),  sempre e cando non cumpran 13 anos antes da finalización do campamento o nacesen no 2017 ou antes. Ademáis, que os seus proxenitores o titores legais acrediten a necesidade dun servizo de conciliación laboral e familiar no horario do programa.

As persoas participantes deberán presentar ademais da solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  • O xustificante do pagamento (entregarase unha vez confirmada a praza)
  • Unha fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante ou a folla correspondente do libro de familia.
  • Unha fotocopia da tarxeta sanitaria
  • O cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo II).
  • A declaración responsable de cumprimento medidas COVID-19. (Anexo IV)
  • Documentos acreditativos da necesidade de conciliación.

 No caso de persoas con discapacidade ademais:

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
  • Anexo III Cuestionario de necesidades específicas de apoio.

 As solicitudes  de preinscrición xunto coa documentación correspondente  enviaranse por correo electrónico a xuventude@cangas.gal

 Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada rapaz ou rapaza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá o tipo de quenda.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da rapaza ou rapaz que opta a participar nas actividades.

c) As solicitudes deberan estar asinadas  polos/as pais/nais ou titores/as dos/as menores.

A presentación da preinscrición implica a aceptación das normas deste procedemento.

PRAZOS

PreinscriciónDo 21 de maio ao  4 de xuño
Publicación  inscritos e lista agarda8 de  xuño
Confirmación praza  e pago cotaDo 8 ao 11 de xuño

PREZOS

  * Por quenda de 4 semanas  100 €

  * Por quenda de 5 semanas  125 €

Cando o importe a aboar por unha familia supere os 200 € , poderá fraccionarse o pago, a petición do/a interesado/a  realizándose do seguinte xeito: 1º pago 50% no momento de realizar a inscrición, 2º pago 50%  na semana anterior ao inicio da actividade. Para solicitar o pago fraccionado deberá domiciliarse o 2º pago.

As persoas  solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida en base a cumprir unha serie de requisitos:

1º.- Desconto por  varios irmáns: A inscrición dos irmáns terá unha bonificación do 50% cada un deles a partires da 2ª inscrición.

2.- Desconto tendo en conta a situación económica do solicitante e o seu cónxuxe ou parella. Para ter dereito a esta bonificación as persoas interesadas deberán presentar a correspondente solicitude xunto coa documentación requirida e no prazo establecido que coincidirá co período de inscrición no programa Enredos.

Para recoller a solicitude e maior información sobre esta bonificación pode dirixirse ao CENTRO MUNICIPAL DE BENESTAR SOCIAL . 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *