Sobresalto esta tarde na parroquia de Domaio, en Moaña, tras comezar a arden un coche cando circulaba pola PO-551 xunto á igrexa. Aínda que nun principio non houbo danos persoais, o incidente si que chamou a atención de todos os veciños do contorna pero tamén de Meira tras escoitar o son das sirenas dos Bombeiros do Morrazo, que se encargaron de apagar o lume do vehículo.