Os Bombeiros do Morrazo tiveron que acudir esta madrugada para sufocar o lume que calcinou o salón do primeiro piso dun edificio da rúa Montero Ríos de Bueu.
Segundo informan, o inquilino decatouse de que cheiraba a fume ao redor das 3:30 horas e cando acudiu ao salón atopábase ardendo. Afortunadamente, na súa fuxida pechou as portas, o que axudou a que as chamas non se propagasen e os Bombeiros puidesen apagalo sen que afectase a outras partes da vivenda e do inmoble. Non houbo dano personais.